Publicidad:
Terra
La Coctelera

GRANJA PARA EL FUTURO

Una Granja para el Futuro from Horatiux on Vimeo.

NOVAS TAREFAS NO INVERNADOIRO II

Nesta ocasión foron os rapaces de 1º da E.S.O A os que viñeron traballar ao invernadoiro. Eles remataron as tarefas que xa empezaran os seus compañeiros de 1º B. Aquí os vemos plantando unhas leitugas, que se medran ben aínda podemos facer unha boa ensalada con elas!

Nesta outra foto están transplantando as caléndulas e máis os tajetes aos xardíns da  parte de diante do colexio.

Fixádevos que gusano tan fermoso atopamos entre as follas da planta de ruda que temos no xardín, que cores tan fermosas, verdade?

NOVAS TAREFAS NO INVERNADOIRO

Hola de novo a todos! Aquí estamos outra vez traballando no noso invernadoiro. Nesta ocasión son os rapaces de 1º da E.S.O. os que se adicaron a trasplantar algunhas das plantas que xa sementaran os rapaces de 2º e 3º da E.S.O hai un para de meses.

Tiñamos uns tajetes e tamén unhas plantas de caléndula moi fermosas e por iso decidimos trasplantalas ao xardín da entrada do colexio para que lozan moito máis. Pero para iso primeiro os rapaces tiveron que limpar o xardín das malas herbas e sachar ben a terra para que se oxixene e poida así alimentar ben as plantas.

E SEGUIMOS PINTANDO...

Esta sesión adicámola a acabar de pintar o estanque cunha lista decorativa de cor chocolate e branca.

Nas fotos vemos ás rapazas de segundo colocando a cinta de pintor para que a lista quede ben dereitiña.

Qué ben o pasan!!

E xa vedes como traballaron todos neste día tan fermoso!!

PINTANDO, PINTANDO...

E por fín lle chegou a quenda ao estanque! Despois de que os rapaces de primaria plantaran as alegrías e as verbenas no xardín do estanque, que por certo quedaron fermosísimas;  viñeron os pintores de secundaria para adecentar un pouco o estanque.

Primeiro colocaron a cinta de pintor a 10 cm. do bordillo para facer unha lista decorativa. Na foto vemos as rapazas de 3 º da E.S.O. colocándoa.

Decidiron pintar o bordillo de cor branca para que destaque a cor das flores e o lateral dun cor crema para darlle un pouco de alegría ao xardín.

    

E xa podedes ver nas fotos o que traballaron os de terceiro e tamén os de segundo da E.S.O. 

    

A ver cal é a próxima actividade despois das vacacíóns...veremos con que nos sorprenden os profes á volta!! Feliz Semana Santa!! 

OUTRAS TAREFAS DE LIMPEZA NO COLEXIO

Parece que este ano os rapaces animáronse coas tarefas de xardinería no colexio. Están encantados de traballar fóra limpando e plantando no xardín e no invernadoiro.

 Os profes tamén estamos moi contentos coa actitude tan positiva que están a amosar os alumnos e deseñamos as tarefas con moita ilusión. Xa temos pensadas moitas máis para o seguinte trimestre así que a descansar moito nas vacacións de semana santa que á volta espéranos moito traballo! Saúdos!!

SEMBRA

Despois de sachar ben a terra para que se oxixene e de aboala plantamos as semillas de valeriana, pirixel, albahaca, leituga, cenoria, espinaca, calabacín, acelga, etc...e tamén plantamos varias plantas de tomates e de puerros. Aquí están as rapazas traballando duramente!!

PREPARACIÓN DA TERRA E SEMBRADO

Aquí están de novo os rapaces do colexio de Portas preparando a terra do invernadoiro para sembrar unha chea de cousas. Mirade como lle dan ao legón, téñenche moito xeito!!