INVERNADOIRO ESCOLAR http://invernadero.lacoctelera.net es-es Tecnología escolar portas invernadero the-shaker v0.1. More on http://www.the-shaker.com GRANJA PARA EL FUTURO http://invernadero.lacoctelera.net/post/2011/02/25/granja-el-futuro 2011-02-25T20:01:08+00:00 Una Granja para el Futuro from Horatiux on Vimeo.

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2011/02/25/granja-el-futuro#comentarios
NOVAS TAREFAS NO INVERNADOIRO II http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/05/28/novas-tarefas-invernadoiro-ii 2009-05-28T18:19:35+00:00 Nesta ocasión foron os rapaces de 1º da E.S.O A os que viñeron traballar ao invernadoiro. Eles remataron as tarefas que xa empezaran os seus compañeiros de 1º B. Aquí os vemos plantando unhas leitugas, que se medran ben aínda podemos facer unha boa ensalada con elas!

Nesta outra foto están transplantando as caléndulas e máis os tajetes aos xardíns da  parte de diante do colexio.

Fixádevos que gusano tan fermoso atopamos entre as follas da planta de ruda que temos no xardín, que cores tan fermosas, verdade?

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/05/28/novas-tarefas-invernadoiro-ii#comentarios
NOVAS TAREFAS NO INVERNADOIRO http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/05/22/novas-tarefas-invernadoiro 2009-05-22T01:29:32+00:00 Hola de novo a todos! Aquí estamos outra vez traballando no noso invernadoiro. Nesta ocasión son os rapaces de 1º da E.S.O. os que se adicaron a trasplantar algunhas das plantas que xa sementaran os rapaces de 2º e 3º da E.S.O hai un para de meses.

Tiñamos uns tajetes e tamén unhas plantas de caléndula moi fermosas e por iso decidimos trasplantalas ao xardín da entrada do colexio para que lozan moito máis. Pero para iso primeiro os rapaces tiveron que limpar o xardín das malas herbas e sachar ben a terra para que se oxixene e poida así alimentar ben as plantas.

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/05/22/novas-tarefas-invernadoiro#comentarios
E SEGUIMOS PINTANDO... http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/04/13/e-seguimos-pintando 2009-04-13T22:20:56+00:00 Esta sesión adicámola a acabar de pintar o estanque cunha lista decorativa de cor chocolate e branca.

Nas fotos vemos ás rapazas de segundo colocando a cinta de pintor para que a lista quede ben dereitiña.

Qué ben o pasan!!

E xa vedes como traballaron todos neste día tan fermoso!!

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/04/13/e-seguimos-pintando#comentarios
PINTANDO, PINTANDO... http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/04/01/pintando-pintando 2009-04-01T18:25:06+00:00 E por fín lle chegou a quenda ao estanque! Despois de que os rapaces de primaria plantaran as alegrías e as verbenas no xardín do estanque, que por certo quedaron fermosísimas;  viñeron os pintores de secundaria para adecentar un pouco o estanque.

Primeiro colocaron a cinta de pintor a 10 cm. do bordillo para facer unha lista decorativa. Na foto vemos as rapazas de 3 º da E.S.O. colocándoa.

Decidiron pintar o bordillo de cor branca para que destaque a cor das flores e o lateral dun cor crema para darlle un pouco de alegría ao xardín.

    

E xa podedes ver nas fotos o que traballaron os de terceiro e tamén os de segundo da E.S.O. 

    

A ver cal é a próxima actividade despois das vacacíóns...veremos con que nos sorprenden os profes á volta!! Feliz Semana Santa!! 

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/04/01/pintando-pintando#comentarios
OUTRAS TAREFAS DE LIMPEZA NO COLEXIO http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/27/outras-tarefas-limpeza-colexio 2009-03-27T01:40:22+00:00 Parece que este ano os rapaces animáronse coas tarefas de xardinería no colexio. Están encantados de traballar fóra limpando e plantando no xardín e no invernadoiro.

 Os profes tamén estamos moi contentos coa actitude tan positiva que están a amosar os alumnos e deseñamos as tarefas con moita ilusión. Xa temos pensadas moitas máis para o seguinte trimestre así que a descansar moito nas vacacións de semana santa que á volta espéranos moito traballo! Saúdos!!

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/27/outras-tarefas-limpeza-colexio#comentarios
SEMBRA http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/27/sembra 2009-03-27T01:28:55+00:00 Despois de sachar ben a terra para que se oxixene e de aboala plantamos as semillas de valeriana, pirixel, albahaca, leituga, cenoria, espinaca, calabacín, acelga, etc...e tamén plantamos varias plantas de tomates e de puerros. Aquí están as rapazas traballando duramente!!

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/27/sembra#comentarios
PREPARACIÓN DA TERRA E SEMBRADO http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/27/preparaci-n-da-terra-e-sembrado 2009-03-27T01:17:00+00:00 Aquí están de novo os rapaces do colexio de Portas preparando a terra do invernadoiro para sembrar unha chea de cousas. Mirade como lle dan ao legón, téñenche moito xeito!!

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/27/preparaci-n-da-terra-e-sembrado#comentarios
COLOCACIÓN DA MANTA TÉRMICA http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/02/colocaci-n-da-manta-t-rmica 2009-03-02T00:44:30+00:00 Aquí están de novo os rapaces de Portas traballando no invernadero. Quixemos agardar a que pasaran os rigores do inverno para animarnos a saír a traballar fóra.

Este ano comenzamos pola colocación dunha manta térmica dentro do invernadoiro para que todas as sementes e plantas que poñamos non morran co frío que vai nesta zona.

Coa manta térmica conseguimos que a temperatura dentro do invernadoiro non sexa tan baixa coma fóra xa que mantén no interior a calor que proporcionan os raios do sol que atravesan o plástico.

Nestas fotos podemos ver aos rapaces de 4º da E.S.O colocando a manta térmica e suxeitándoa coas bridas aos perfís do invernadoiro. Parece que lles quedou bastante ben. Hai que ter en conta que tamén lles axudaron algúns rapaces de 2º da E.S.O.

Outros tamén de adicaron a facer labores de limpeza, que xa lle facía boa falla!!

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2009/03/02/colocaci-n-da-manta-t-rmica#comentarios
A PLANTACIÓN DOS RAPACES DE PRIMARIA http://invernadero.lacoctelera.net/post/2008/05/08/a-plantacion-dos-rapaces-primaria 2008-05-08T00:22:22+00:00 Os alumnos do primeiro ciclo de primaria (1º e 2º de primaria) plantaron estes días unha chea de plantas no invernadoiro.
Como podedes ver na foto teñen: patata, cenoria, pirixel, pementos, allos, cebolas, tomates, leitugas, acelgas, coles, e ata unha planta de fresa!.
Dende logo estes rapaces sonche moi traballadores, esperemos que nas súas casas tamén lle axuden ás súas nais a plantar todas esas legumes.

]]>
http://invernadero.lacoctelera.net/post/2008/05/08/a-plantacion-dos-rapaces-primaria#comentarios