Os rapaces de 1º da E.S.O B fixeron coa axuda da profesora de ciencias sociais un mural no que puxeron algunhas das plantas medicinais máis importantes da zona de Portas. Como por exemplo:

A lavanda; ten flores azuis en espiga moi perfumada. O seu perfume obtense por destilación das flores do arbusto.
Recoméndanse baños coa auga da cocción das flores para o estrés e insomnio. E tamén é bo tomar a infusión das súas flores para a migraña e a cefalea.
O pirixel; alivia os problemas gástricos e tamén a halitose que é o mal olor de boca que se pode combater mastigando unhas follas de pirixel.
Tamén serve para atenuar as dores de oído, de moas ou de tendóns aplicando unha cataplasma co zume do pirixel diluido en alcohol, sobre a zona onde se presenten as dores.O ácido ascórbico e o zinc son os responsables desta propiedade. Aloe vera; é un excelente limpiador natural (contén polo menos seis axentes antisépticos: lupeol, ácido salicílico, nitróxeno de urea, ácido cinámico, fenol e xofre), penetra facilmente na pel e nos tecidos (pode ata atravesar sete capas distintas), actúa como anestésico calmando todo tipo de dores (especialmente os musculares e das articulacións).
Tamén posee unha grande actividade bactericida, que destrúe numerosos tipos de virus, é funxicida, antiinflamatorio, antiprurítico (detén a comezón).
E tamén é altamente nutritivo (contén vitaminas, minerais e azúcares).
Axuda a descompoñer os tecidos mortos (incluíndo o pus), favorecendo o crecemento celular normal (acelerando a curación de feridas).Herba Luísa; é unha planta aromática de xardín con flores violáceo-blanquecinas e arrecendo moi agradable.
Resulta moi adecuada a infusión de herba luísa para relaxar e tonificar os nervios.
Tamén a infusión dunha cullerada de follas e flores secas resulta beneficiosa para as afeccións do aparato respiratorio, especialmente para expulsar as mucosidades, por iso é expectorante. De igual maneira este preparado resulta adecuado para combater a tose.
Tamén esa mesma infusión é moi boa para facilitar as malas dixestións acompañadas de gases, sensación de vómito ou ardor de estómago .Menta; é unha planta de follas verdes moi olorosas e follas moradas. Das súas follas extráese unha substancia que se emprega para facer caramelos.
Calma as dores de moas ao colocar unha folla sobre a moa afectada.
Ten ademáis a propiedade de eliminar as lombrigas e outros parasitos do aparato dixestivo.
Tamén as súas propiedades antisépticas e balsámicas son a razón de que se inclúan nu n gran número de preparados para o sistema respiratorio, como as pastillas para a tose.
Té verde; é unha árbore orixinaria da China meridional que se cultiva en todo o sudeste asiático. Coas súas follas prepáranse infusións.
É un estimulante, ten unha accion tonificante e exitante para loitar contra a fatiga. Tamén ten valor antioxidante e pódese recomendar na prevencion de enfermidades cardiovasculares e a arterioesclerosis.
O té verde facilita a eliminacion de agua do organismo, por iso pode ser moi útil para a axudar na pérdida de peso.Tomiño; é unha planta baixa (arredor dos 30cm.). Presenta flores blancas e rosas cun agradable arrecendo. Planta moi rica en ferro.
Pódese utilizar para aliviar a dor de gorxa.(Gargarismos coa preparación dunha infusión de flores secas en auga)
Axuda a eliminar os tirizós (Realizar unha infusion cunha cullerada de flores por vaso de auga e aplicar unha compresa sobre o tirizó)
O tomiño é un potente antiséptico. Elimina os xérmenes e reduce os síntomas das infeccións que estes producen, entre eles a temperatura e o malestar. Romeu; Tomado en infusión despois das comidas favorece a dixestión e evita a aparición de sintomas propios dunha mala dixestión como a hinchazón.
Tamén reduce lixeiramente as dores da menstruación, evitando os problemas colaterais que orixina como dores de cabeza, estómago, etc.
É unha das plantas con máis antioxidantes e por iso pode ser moi útil no tratamento de enfermidades como o cancro o Alzheimer ou a artrose,( Infusión de una cucharada de té por taza de agua.) Nébeda; Esta planta presenta propiedades excitantes. Tamén se considera pectoral e anticatarral, útil para provocar os menstruos perdidos e devolver o bo color as faces empalidecidas. Calma asi mesmo a dor de ventre.