O día trinta e un de xaneiro fomos facer unha ruta polo monte de Portas coas profesoras de lingua galega e de educación física. A verdade é que foi moi divertido e interesante xa que as dúas profesoras saben moitas cousas das plantas do noso lugar. Todas as plantas que atopamos xa as coñeciamos pero o que non sabiamos era que servían para mellorar a nosa saúde.
Algunha das plantas que atopamos foi a celidonia que é moi boa para curar as espullas, os herpes, as durezas e os calos. Chámeselle tamén "anduriñeira" ou herba da andoriña xa que se ten visto as andoriñas levala no bico para curarlle a vista aos pequenos paxariños no niño. Aquí a temos na foto:Tamén vimos o romeu co que se poden preparar baños e se se toma en infusión axuda a curar enfermidades respiratorias. Outra das cousas interesantes que nos contou a profesora sobre o romeu foi que se se coce en auga e se bota polo cabelo elimina a caspa, vaia, esta planta serve para unha chea de cousas... Outra das plantas que nos sorprendeu moito foi o dente de león que é o da foto que tedes aquí abaixo.Os dentes de león poden ser de dúas clases: galos ou galiñas. Os galos son indivisibles; as súas partículas xamais se separan do talo. As partículas das galiñas,en cambio, son febles e sempre están dispostas a desunirse.
Pódese recoller en lugares limpos, picalo ben e mesturalo nas ensaladas xa que se pode tomar cru. Ten moita vitamina C e é moi bo para o fígado.
Ao longo da nosa ruta pasamos por un regueiro no que pasamos un bo anaco xogando a saltalo e tamén descubrimos unha planta que se chama berro. Aquí a tedes na foto.
A profesora díxonos que esta planta é moi boa para tomar en ensalada xa que ten moito ferro.
Ao pasar polos muros das veigas atopamos unha planta moi fermosa que se chama couselo, aínda que tamén é coñecida como embigo de venus ou lochita, a que ten un nome fermoso? Pois ben, esta planta ten unhas propiedades marabillosas xa que se a tomamos ou ben crúa ou ben fervida no leite, fortalece a nosa memoria; boa falla nos vai
facer para estudar para os exames!A seguinte foto é dunha planta que se chama gordolobo ou tamén chopo branco ou chupón. Aínda está sen flor porque non é tempo de florecer pero no verán bota un talo longo cheo de flores amarelas. É boa para curar frieiras e queimaduras e o seu aceite é bo para reparar o cabelo e as unllas.
.
E nesta foto vemos a Martín rodeado dunha mimosa que están nesta época moi fermosas!!
Olaaa!!
Vexo que son a primeira!! ;-)
Um... que recordos me trae o embigo de Venus... soame a a mitoloxia romana... vós que credes?? Tamén me trae recordos porque a Eva no la ensinara tamén a nós; ó domingo seguinte meu pai fixo unha ensalada delas e estaba boísima!! Provade, xa veredes!! jeje
Tendes que poñelas no invernadero logo!!
BiCoS!!
Alba, moitas grazas polo teu comentario. Espero que che gusten a fotos que puxemos, aínda quedan moitas máis, xa as irei poñendo pouco a pouco...e tamén moitas máis cousas interesantes que me teñen que contar as profes de galego e de educación física que saben moito sobre as plantas. Un saúdo.
¡¡¡Notase que o pasastes moi ben¡¡. Xa teño ganas de que empecedes a prantar cousas para acercarme a velas.
Por certo buscarei o embigo de Venus para probar a ensalada que di Atenea. e se queredes saber quen era Venus, só tedes que ir ao noso blog e buscar a Afrodita, que era o outro nome que tiña.
Un saudo e noraboa polo traballo
Bonito traballo o que estades a facer!! pasareime a miúdo polo voso blog cos meus pequenos de tres anos para aprender novas cousas sobre as prantas,pois está claro que serven para algo máis que para formar parte da natureza.
Un saúdo agarimoso
Que o dente de león non se coñece por mexacán, o mexacán vota coma un racimo de uvas.
Ola Mitucha, tes razón o mexacán é unha planta que ten unha baias que forman como un acio de uvas tamén se lle chama herba carmín xa que desas baias obtense un tinte de cor carmín. Buscando máis atopei otra planta á que tamén se lle chama mexacán, é a dulcamara ou escornacabras, parece que é boa para curar eccemas e a psoriase e tamén para aliviar as picaduras das abespas. Por certo, se se pon un anaco da planta debaixo da almofada axuda a esquecer un antigo amor. Para cantas cousas serve esta planta!!
Moitas grazas polo teu comentario, Mitucha.
As fotos son moi chulas e vese que o estan a pasar ben pero é que os de 2ºB ainda non foron ao monte, é moito pedir??? gracias...
asta mañá
olaaaaaaaaaaaaaaaa
pois son lúa jaja
pois o invernadoiro creo que quedara ben. Aer se vou algun dia a sachar jeje bueno haber se me paso mais veces por aqui.hoxe é a primeira vez que me paso.
moitos bicos
---((lúa))---
Hola a todos/as!
Moito ánimo con ese invernadoiro estupendo que imos a ter no colexio grazas a vós; lendo os vosos comentarios, dicirvos que pola miña zona o mexacán chámase "uvas de can" ;) un biquiño e a seguir traballando con esa mestra estupenda que tedes!
Ai ke ter cuidado co garito que igual voa polos aires
we pois nos solo vos decimos ....
k ta ben!!
pois m8 bksss
xau,xau