Agora que o invernadoiro vai tomando corpo é bó que coñezades un pouco mais das plantas e vos acostumedes a identificalas con método.
Como agora xa sabedes a maneira de nomear e clasificar ós seres vivos en xeral, non ides ter problema para entender os nomes científicos. Isto permitiravos facer asociacións entre plantas aparentemente diferentes pero que poden ter algunha propiedade en común, e, ao tempo, apreciar mellor as súas aplicacións e , ás veces, a súa historia.
Hoxe vou aproveitar os nomes de tres das plantas do invernadoiro: a valeriana, o romeu e a melisa. Dito así non parece gran cousa,verdade? Pero imos nomealas segundo nos ensinóu Linneo, fixádevos:
- Valeriana.......Valeriana officinalis
- Romeu..........Rosmarinus officinalis
- Melisa………Melissa officinalis
O termo “officinalis” se lle aplica a moitas especies que dende moi antigo foron consideradas medicinais,e se estades pensando que parece que ten que ver cunha oficina pois....non ides desencamiñados
Fai séculos se empregaba a voz “oficina” para nomear a lugar donde se facía un oficio , ou sexa, donde se realizaba un traballo (“opus facere”) , e os laboratorios donde se elaboraban os medicamentos eran as “oficinas de farmacia”. De feito en italiano ainda hai farmacias que se chaman “officinas”.
O próximo día contareivos algo máis delas tres, vale?
Ata mañá
Hypatia de Alejandría
!--[if>!--[if>!--[if>
Dende logo, esta Hypatia hai que ver o que sabe... temos que lle dar as grazas por facer estas aportacións tan interesantes sobre as plantas.
E ademais eu sei que aínda garda moitas sorpresas que esperemos que non tarde moito tempo en desvelar.
Que sorte temos de ter unha prole tan lista no colexio e tamén de que queira participar neste proxecto.
Grazas Hypatia e ata mañá!
OLAAA!!
A publicidadade que nos fixeches na clase funcionou!! jeje
Está moi, moi, moi ben!! Nunca me parara a pensar que significaba o nome científico das prantas... Pensaba que era simplemente por incordiar... ;-) Está claro que nesta vida todo ten un porque...
Hipatya seguirei moi de cerca as túas ensinanzas aquí.
Ata mañá!
Un bico!
Moi interesante.... gostariame saber que se facía nesas "oficinas" coas plantas das que estades a plantar, seguro que é moi sorprendente.
Estades a traballer tanto que os demáis quedamos de vagos...im-presionante
hola Marta, non o de vagos non o dirás por ti precisamente porque o voso blog de cultura clásica si que está moi ben traballado, moitos parabéns para ti e os teus alumnos de cultura-clásica.
Por certo eu tamén estou desexando saber que cousas se facían nesas "oficinas" coas plantas, espero que Hypatia nolo desvele pronto.
Saúdos!
Pois veredes, as propiedades das plantas se coñecen dende fai miles de anos,aínda que foi un grego (que raro,verdade? XDD) o primeiro en intentar organiza-lo conto .Mais adiante, incluso houbo reis e raiñas que tiveron laboratorio nos seus pazos para experimentar cós velenos e os medicamentos, pero é nos séculos XII e XIII cando comeza a falarse destas “officinas”,que as tiñan incluso nos monasterios e dispensaban tamén asistencia médica ata que se separaron as dúas ramas pouco despois.
http://www.arteguias.com/artesaniamedieval/g-farmacia.jpg
Así que alí tiñan un laboratorio da época cun serpentín similar ós que coñecemos da destilación dos licores, unha balanza para medir as cantidades, e distinto material para ferver as plantas, mazalas cando era o caso,e, por suposto, moitos frascos e botes para guardar as distintas preparacións.
http://bp2.blogger.com/_YMjikBnJLBI/RvkuMq3R1XI/AAAAAAAAAOI/A69Bk...
Cando a xente iba alí lles falaba da súa doenza e eles, polos síntomas, interpretaban cal podería ser a raíz do mal e lle elaboraban o preparado necesario e lle indicaban a dose precisa. Isto da dose era importantísimo,pois tedes que ter en conta que moitos destes principios activos que teñen as plantas son tóxicos en grandes cantidades. Lembrade esta frase, que é moi certa: “o veleno está na dose”, pero iso é outra historia que vos contarei outro día...
http://www.antiguacultural.com/images/temporalmonumentos/farmacia...
Grazas Hypatia por compartir a túa sabiduría con todos nós.
A sabiduría non é miña, só a collo dos libros de esa Biblioteca tan fermosa ...
HOLA!!
As fotos dos de segundo b molan pero sobre todo a máis chula e a de Miriam....
Os do 1º ciclo de primaria plantaron moitas cousas pero creo que non hai ningunha planta medicinal ¿non é certo?é todo de comer creo.
Neste blog si que se aprenden cousas sobre todo con Hipatía de Alejandría.
Invernadero poderíasme dicir cales son eses libros dos que fala Hipatía de Alejandría??
ALA XAO
Un bico!!!!!
Ola profess
k tal¿?
hai k traballar mais e actualizar
e temos k facer 1 saida a recoller e estudiar mais plantas
k asi perdemos clase,divertimonos e aprendemos
bueno nn teño mais k decir
xaO
1 bico
R@mon
ola profess que tal?? pois eu estou con ramon en unha cousa!! que me parece ben facer saidas e aprender cousas novas da natureza que nunca esta demais!! bueno pois asta aproxima un bkiño