Aquí están de novo os rapaces de Portas traballando no invernadero. Quixemos agardar a que pasaran os rigores do inverno para animarnos a saír a traballar fóra.

Este ano comenzamos pola colocación dunha manta térmica dentro do invernadoiro para que todas as sementes e plantas que poñamos non morran co frío que vai nesta zona.

Coa manta térmica conseguimos que a temperatura dentro do invernadoiro non sexa tan baixa coma fóra xa que mantén no interior a calor que proporcionan os raios do sol que atravesan o plástico.

Nestas fotos podemos ver aos rapaces de 4º da E.S.O colocando a manta térmica e suxeitándoa coas bridas aos perfís do invernadoiro. Parece que lles quedou bastante ben. Hai que ter en conta que tamén lles axudaron algúns rapaces de 2º da E.S.O.

Outros tamén de adicaron a facer labores de limpeza, que xa lle facía boa falla!!