Publicidad:
Terra
La Coctelera

COLOCACIÓN DA MANTA TÉRMICA

Aquí están de novo os rapaces de Portas traballando no invernadero. Quixemos agardar a que pasaran os rigores do inverno para animarnos a saír a traballar fóra.

Este ano comenzamos pola colocación dunha manta térmica dentro do invernadoiro para que todas as sementes e plantas que poñamos non morran co frío que vai nesta zona.

Coa manta térmica conseguimos que a temperatura dentro do invernadoiro non sexa tan baixa coma fóra xa que mantén no interior a calor que proporcionan os raios do sol que atravesan o plástico.

Nestas fotos podemos ver aos rapaces de 4º da E.S.O colocando a manta térmica e suxeitándoa coas bridas aos perfís do invernadoiro. Parece que lles quedou bastante ben. Hai que ter en conta que tamén lles axudaron algúns rapaces de 2º da E.S.O.

Outros tamén de adicaron a facer labores de limpeza, que xa lle facía boa falla!!

A PLANTACIÓN DOS RAPACES DE PRIMARIA

Os alumnos do primeiro ciclo de primaria (1º e 2º de primaria) plantaron estes días unha chea de plantas no invernadoiro.
Como podedes ver na foto teñen: patata, cenoria, pirixel, pementos, allos, cebolas, tomates, leitugas, acelgas, coles, e ata unha planta de fresa!.
Dende logo estes rapaces sonche moi traballadores, esperemos que nas súas casas tamén lle axuden ás súas nais a plantar todas esas legumes.

A VALERIANA

Ola a todos!
Aquí temos de novo connosco a unha muller escepcional que nos vai deixar coa boca ben aberta como de costume...Hypatia de Alejandría.
Esta vez vainos falar sobre algunhas curiosidades da valeriana.

É unha planta perenne, bastante común nos bosques húmidos ,ó carón das correntes de auga e tamén nos solos ácidos.

Lembrade que o seu nome segundo a clasificación binomial é “Valeriana officinalis” e isto nos indica que ten propiedades farmacolóxicas. En concreto a parte que se aproveita dela é a raíz,xa empregada en infusión durante a Idade Media.

É un dos fármacos mais coñecidos e empregados para manter ou recuperar o equilibrio nervioso. Ten propiedades sedantes (contra as depresións, estrés, etc), hipnóticas (favorece a somnolencia), e incluso antiinflamatorias e cardíacas.

Con respecto a súa toxicidade,pode resultar un pouco aditiva por acumulación se se toma moita cantidade durante moito tempo continuado.

Como anécdota contareivos que tamén se lle chama “Herba de gato” porque din que se volven tolos de gusto, sei que lles encanta revolcarse nela e mordisqueala.

OSIXENACIÓN E ABONADO DA TERRA

Pero non todo foi tan sinxelo, xa que logo de cribar ben a terra e de botala nas parcelas tivemos que sachala ben para osixenala; polo menos sachamos uns corenta centímetros cara ao fondo xa que a profesora explicóunos que a terra tamén se alimenta de osíxeno e a maneira que ten de collelo é sachándoa ben para que se airee. É moi importante non pisala despois para que manteña o osíxeno e poida darllo ás plantiñas cando o necesiten.

Nestas fotos de embaixo temos ás rapazas de 2º de E.S.O que tamén quixeron colaborar con nós sachando e limpando a terra.

Despois tivemos que botarlle o abono e máis a caliza á terra. O abono é o alimento das plantas e a caliza proporciónalle á terra minerais que lle fan moita falla.

Aquí temos de volta aos rapaces de 1º da E.S.O mesturando a caliza coa terra.

TAREFAS DE LIMPEZA NO XARDÍN

Os rapaces do colexio de Portas adicaron unha xornada a limpar o xardín do colexio. Aquí os temos cos rastrillos e cos sachos quitando as malas herbas para deixar a terra ben limpa e poder logo plantar rosais, xeranios, romeu, incienso e outras plantas aromáticas que eles mesmos trouxeron da súa casa.

Nesta foto vemos como os rapaces seguen moi atentos as explicacións da profesora de educación física que sabe moitas cousas interesantes das plantas e do seu coidado.

Aquí podemos ver ás rapazas de 1º da E.S.O plantando no xardín do colexio unhas plantas de incienso e romeu que elas mesmas trouxeron.

CRIBA DA TERRA

Logo aínda a tiveron que peneirar toda a terra cunha criba xa que aínda levaba lixo e tamén pedras e raíces.

E que terra mais boa trouxeron despois de facerlle a criba!

SELECCIÓN E LIMPEZA DA TERRA PARA COLOCAR NAS PARCELAS

Logo de colocar as parcelas no invernadoiro tivemos que ir buscar terra boa para enchelas.

E os rapaces de 1º colleron as pás, o sacho e a carretilla e puxéronse mans á obra.

Aqui abaixo tamén temos ao profe de historia que quiso colaborar connosco. MOITAS GRAZAS PROFE!

Todos pasaron moito traballo limpando a terra xa que estaba chea de lixo como podedes ver na foto de abaixo.

COLOCACIÓN DAS PARCELAS

Como puidestes comprobar a pasada semana démoslle un bo adianto ao invernadoiro xa que lle puxemos o plástico ás portas e tamén fixemos as parcelas para cada ciclo. Deste xeito cada un terá o seu espazo individual para plantar.

Primeiramente compramos uns valos de madeira para delimitar as parcelas. Para colocalos correctamente medimos nos perfís do invernadoiro coa axuda do flexómetro e marcamos cun rotulador para que as parcelas medisen todas o mesmo.
Logo unimos esas marcas cun cordel de forma que nos servise de guia para colocar o valo, como podedes ver na foto.

Unha vez feito isto fixemos un rego co sacho polo onde encaixamos o valo de madeira atoándoo ben coa terra para que se manteña firme.

E finalmente cun martelo fixámolo un pouco mellor.

Aquí temos aos rapaces de 1º da E.S.O traballando moi duramente.